Clausura, con éxito, do “I Campus de Tecnificación e Perfeccionamento FGB”

O “I Campus de Tecnificación e Perfeccionamento FGB” botou o seu peche nesta mañá de sábado culminando unha semana completa de traballo, convivencia e aprendizaxe; perfecta combinación co Baloncesto como eixo.

O total de integrantes da experiencia deste “I Campus de Tecnificación e Perfeccionamento FGB” despediron o mesmo como non podía ser doutro xeito: desfrutando do seu xogo e con caras de satisfacción.

As finais das competicións estruturadas durante toda esta semana que hoxe queda atrás foron o núcleo dos derradeiros intres da actividade. Unhas horas que contaron ademais coa especial visita dos principais representantes da FGB, que se persoaron na Residencia Aceimar para compartir cos participantes o acto de clausura.

O Presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín; acompañado polo Vicepresidente Primeiro da mesma, Alberte Zato; o Director Executivo da Delegación en Vigo, José Luis Pérez; e a Directora da Residencia Aceimar, Elena Núñez; quixo agradecer a todos os xogadores, xogadoras e monitores a súa participación neste “I Campus”. A eles trasladoulles ademais o seu recoñecemento polo seu bo comportamento e actitude.

0217715001341689226-o-presidente-fgb-e-a-directora-da-residencia-aceimar-na-entrega-de-diplomas0732271001341689340-alberte-zato-e-jose-luis-perez-quixeron-estar-cos-participantes-no-campus

O presidente FGB e o seu Vicepresidente, xunto á Directora da Residencia Aceimar, na entrega de Diplomas

A entrega de diplomas e de agasallos conmemorativos converteuse no broche final para unha primeira edición na que a FGB contou con imprescindibles colaboracións. Así, a Área deportiva da Federación desexa agradecer aos responsables das Instalacións da Residencia Aceimar a súa continua atención para que todo saíse a pedir de boca. Igualmente, reitera o seu agradecemento aos patrocinadores e apoios para este evento: GADIS, Coca Cola, “la Caixa” e Baden.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram