A Federación Galega de Baloncesto celebrou na tarde de¡o mércores, 16 de xaneiro; a súa Asemblea Xeral Extraordinaria. A mesma tivo lugar na propia sede da FGB en Santiago de Compostela (Estadio Multiusos de San Lázaro, porta 14) ás 17.30 h en primeira convocatoria, e ás 18.00 h en segunda, reunindo a un total de 19 asembleístas dos 72 citados.
Esta Asemblea Xeral Extraordinaria FGB concentrou o seu obxectivo na votación sobre o Orzamento FGB 2019. Así tras o reconto dos membros presentes e o intercambio de impresións tomando a palabra os asembleístas que o desexaron, realizouse a validación dos mesmos con 17 votos emitidos a favor, dous en contra e ningunha abstención.
Asemblea Xeral Extraordinaria – Circular Nº 14
Asemblea Xeral Extraordinaria 2019 – Convocatoria
Asemblea Xeral Extraordinaria 2019 – Orzamento FGB