Cita en decembro cun novo “Taller Específico de Minibasket”

A Área Deportiva FGB e CD Bosco coorganizan unha nova convocatoria formativa baixo o formato “Obradoiro Específico de Minibasket”. Esta cita, aberta a todos aqueles adestradores e adestradoras que desexen participar, terá lugar o vindeiro sábado, 3 de decembro; no Pavillón vigués de Navia.

Este Obradoiro co minibasket como eixo central ofrecerá dobre sesión de charlas da man de dous técnicos con ampla experiencia nesta categoría: Roberto Rajó (Celta Baloncesto Feminino) e Darío Méndez (Porriño Baloncesto Base).

O Taller abrirase a partir das 10:30 h coa intervención de Roberto Rajó trantando o ataque “con fluidez en minibasket”. Acto seguido, a partir das 12:00 h, a quenda será para Darío Méndez coa pregunta: Por onde comezamos?

Inscrición
A asistencia a esta proposta de Taller é completamente de balde e debe articularse mediante inscrición previa vía FORMULARIO WEB. O prazo para o envío desta solicitude rematará o vindeiro día 1 de decembro ás 14:00 h.

Validación

A participación neste “Taller Específico de Minibasket” poderá validarse por un total de 6 HORAS formativas nos seguintes casos:

– Alumnos que se atopen realizando as prácticas das titulación de Nivel 1, Nivel 2 e Superior.

– Alumnos dos cursos de Iniciación que xa participaran con anterioridade noutro “Taller Específico Minibasket”. 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram