Cita competitiva en Madrid para as Preseleccións Galegas Infantís

As Preseleccións Infantís Galegas ocupan parte da atención deportiva desta semana de Carnaval. Se as súas compañeiras minis están convocadas para o “Torneo de Seleccións” de Narón, no seu caso o calendario dita a súa presenza na localidade madrileña de Colmenar Viejo, nun Torneo Amigable que organizan a Federación Madrileña, o CB Colmenar Viejo e o propio concello.

Os nosos combinados autonómicos compartirán esta competición con País Vasco, Castilla León e a anfitrioa, Madrid. Os catro equipos conforman un calendario que se materializará nas instalacións da Cidade Deportiva Juan A. Samaranch entre as xornadas deste sábado e domingo, 14 e 15 de febreiro. O mesmo, pode consultarse no documento que achegamos.

Galicia desprazará a este “Torneo de Preparación de Seleccións Autonómicas” a un total de 14 xogadores e 14 xogadoras, cuxos listados xa son públicos. Así mesmo, como dous integrantes máis da expedición galega e como activos dun intercambio arbitral programado entre as catro Comunidades participantes, viaxarán a Colmenar Viejo os colexiados do CGAB Diego Ortega e Miguel Álvarez.

“Torneo de Preparación de Seleccións Autonómicas”: Calendario
Torneo de Seleccións Infantil: Galicia Feminina
Torneo de Seleccións Infantil: Galicia Masculina

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram