O “I Torneo Cidade de Santiago Ulla Oil – la Caixa” achega a Compostela o Circuíto Sub22

O “Circuito Galego Sub22” visita Compostela. A capital galega será este sábado, 21 de xuño, a sede da terceira e definitiva concentración de xogo marcada para este Torneo, o cal se presenta como a plataforma para que os xogadores Sub 22 poidan seguir adestrando e formándose co aliciente de continuar competindo tras o remate das Ligas Oficiais.

Baixo a organización de FEDESA Rosalía, e coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto, a última cita deste “Circuíto Sub22”, que xa visitou Ourense e Lugo previamente; recala en Santiago para ofrecer un bo peche á iniciativa.

A posta de longo desta derradeira convocatoria para o “Circuito Sub22” tivo lugar este mesmo martes, contando coa presencia e apoio do director do Instituto Rosalía de Castro; Ubaldo Rueda; da Secretaria Xeral da Federación Galega de Baloncesto, Susana Fiuza; e dos representantes das empresas colaboradoras: Alejandra Varela en nome de “la Caixa”; Xesús García, representando a Ulla Oil; e Antón Pedreira, directivo de FEDESA. Todos congratuláronse da consolidación deste formato de competición, que mesmo promete ter cauce oficial na vindeira temporada 2014 – 2015.

17 xuño 004

Rosalía de Castro, COB e Estudiantes Lugo, de novo protagonistas
Esta terceira fase do Circuíto Galego Sub22, denominada nesta ocasión “I Torneo Cidade de Santiago Ulla Oil-La Caixa”, terá lugar no propio pavillón do Instituto Rosalía, sendo tres os clubs participantes: Estudiantes Lugo, que comparece con dous equipos – Estudiantes Lugo e Leyma Natura-, Club Ourense Baloncesto e o anfitrión, FEDESA Santiago.

A competición estenderase durante toda a xornada de sábado repetindo, como nas dúas anteriores citas do Circuíto, o formato de semifinais, final e 3º e 4º posto. O Calendario completo de encontros, con entrada de balde en todos eles, preséntase así:

Semifinal 1
(10:30 h) Instituto Rosalía – COB

Semifinal 2
(12:30 h) Estudiantes Lugo – Leyma Natura

3 e 4º Posto
(17:00 h) Perdedor 1 – Perdedor 2

Final
(19:00 h) Gañador 1 – Gañador 2

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram