A iniciativa do Club Ourense Baloncesto, e coa participación de Rosalia de Castro de Santiago e Estudiantes Lugo, xurde este “torneo piloto”, que ten como obxectivo que os xogadores Sub 22 poidan seguir adestrando e formándose co aliciente de continuar competindo tras o remate das Ligas Oficiais.
Auspiciado pola Federación Galega de Baloncesto, O Torneo Circuíto Sub 22 Galicia conta coa organización de tres concentracións de xogo: a da estrea, celebrada en Lugo o 31 de maio; e as vindeiras do 14 de xuño en Ourense e, por último, do 21 de xuño en Compostela.
(Info: Club Ourense Baloncesto)
Circuíto Sub 22 Galicia: 1º xornada – Lugo, 31/05/14
Éxito na 1ª xornada do circuíto sub 22 Galicia, celebrada o pasado sábado 31 de maio en Lugo, sede onde reinou o bo xogo, a competitividade e a deportividade. Destacou o bo nivel dos equipos, da man duns xogadores junior que apostaron todo en cada partido. Gran experiencia que terá agora a súa continuidade en Ourense o próximo 14 de xuño.
Semifinais 31/05/14
Estudantes Lugo (98 – 74) Club Ourense Baloncesto – ABO
Leyma Natura (72 – 56) Instituto Rosalía
3er e 4º
Club Ourense Baloncesto – ABO (62 – 75) Instituto Rosalía
Final
Leyma Natura (101 – 75) Estudantes de Lugo