Cinco colexiados galegos para os Campionatos de España de Seleccións Autonómicas Infantil e Minibasket

O Comité Galego de Árbitros comunica de xeito oficial o nome dos seus colexiados designados para tomar parte nos vindeiros Campionatos de España de Seleccións Autonómicas para as categorías infantil e minibasket.

Ambos campionatos, a celebrar entre o 23 e o 27 de marzo en terras andaluzas, contarán cun total de cinco colexiados galegos, tres destinados ao infantil e dous para minibasket.

Así, xunto aos xogadores e xogadoras infantís galegos, viaxarán a Chiclana e Puerto Real, sedes da competición, os colexiados Alejandro Pérez (Grupo 1 Autonómico), Diego Ortega (Grupo 1 Autonómico) e Cristina García (EBA), adscritos aos comités coruñés, vigués e santiagués, respectivamente.

No apartado minibasket, na que será a XXVI edición do Campionato, o CGAB contará coa representación de Adrián López (Lugo) e Guillermo Ríos (Ourense), ambos no actual Grupo 1 Autonómico. A localidade gaditana de San Fernando será neste caso a súa anfitrioa.

Os cinco designados traballan xa a fondo na súa preparación de cara a estas citas estatais, toda unha oportunidade para crecer como colexiados e entrar en contacto coa dinámica e estructura arbitral da Federación Española de Baloncesto.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram