O CGAB contará con cinco representantes nos Campionatos de España de Seleccións Autonómicas Cadete e Infantil, cita a celebrar na provincia de Huelva a partir do vindeiro 3 de xaneiro de 2016.
Ata terras andaluzas viaxará dentro da expedición galega un quinteto arbitral que se repartirá entre as dúas categorías en xogo designándose desta forma:
Campionato de España de Seleccións Autonómicas Cadete
Paula Lema (A Coruña)
Alejandro Pérez (A Coruña)
Roi Rilo (Santiago)
Campionato de España de Seleccións Autonómicas Infantil
Jaime Álvarez Ossorio (Santiago)
Laura Piñeiro (A Coruña)
Os tres galegos que formarán parte da competición cadete repiten experiencia cos combinados autonómicos nun campionato que xa coñecen ben. Pola súa banda, tanto Jaime Álvarez como Laura Piñeiro estrearanse nunha cita nacional do ámbito de Seleccións.