Cinco colexiados “CGAB” para o Campionato de España de Seleccións Infantil e Cadete

O Comité Galego de Árbitros contará con cinco representantes no próximo Campionato de España de Seleccións Autonómicas Cadete e Infantil, cita que regresa por segundo ano consecutivo á provincia de Huelva entre os días tres e sete de xaneiro.

Nesta ocasión, o quinteto arbitral galego que se integrará dentro da Expedición Galega que viaxe á Huelva estará composto por: Alejandro Pérez Freire, Martín Trasancos e Jaime Alvarez-Ossorio, que participarán na categoría cadete; e Laura Piñeiro e Elio Clavería, que farán o propio na infantil.

Tanto Elio Clavería (Grupo 1 CGAB) como Martín Trasancos (Grupo 2 FEB) debutarán nun Campionato de España de Seleccións, tendo xa experiencia no ámbito dos nacionais de clubs. Pola súa banda, Alejandro Pérez, Laura Piñeiro e Jaime Álvarez, todos adscritos ao Grupo 2 FEB, repetirán designación nun evento destas características.

.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram