Chiqui Barros, protagonista na estrea da Aula Formativa do Adestrador Galego 15/16

Foto:cbbembibre.com

Foto:cbbembibre.com

A Área de Adestradores FGB, coa colaboración do C.B. Culleredo, activa nesta localidade a primeira convocatoria da presente temporada para a Aula Formativa do Adestrador Galego.

Con Chiqui Barros como guía da mesma, esta sesión está programada para o vindeiro domingo, 25 de outubro (16:00 h); no Pavillón Municipal de Culleredo. O técnico ferrolán, que suma a súa sexta temporada a cargo do Embutidos Pajariel Bembibre (LF), estruturará a súa intervención, ao longo de algo máis dunha hora, en torno á “construción dun base en categorías de formación”. Tras a mesma, abrirase unha quenda de preguntas e participación do público asistente.

Inscrición
Seguindo o proceso de inscrición do formato “Aula Formativa do Adestrador Galego”, todos os adestradores interesados en tomar parte desta sesión deben enviar un email previo a adestradores@fegaba.comNesta comunicación, que pode realizarse ata o próximo venres, 23 de outubro (20:00 h); é preciso indicar nome, apelidos, club de referencia e título da charla á que se pretende asisitir.

O proceso de validación horaria para os alumnos dos Cursos de adestradores FGB permanece activo tamén nesta nova temporada da Aula Formativa, contabilizando a asistencia a esta primeira cita didáctica por un total de catro horas de formación individual complementaria.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram