Chiqui Barros, nos Play-offs da Liga Feminina con Embutidos Pajariel Bembibre

(Foto: feb.es)
(Foto: feb.es)

Galicia terá un representante nos Play-offs polo título a Liga Feminina. Falamos do técnico ferrolán Chiqui Barros, un home de Baloncesto 100% que vén de conseguir esta merecida clasificación a cargo do seu equipo: Embutidos Pajariel Bembibre.

O bloque de xogadoras dirixido por Chiqui Barros, ao que dende aquí trasladamos de novo a nosa felicitación por esta histórica praza, chega á rolda de Play-offs LF tras unha destacada recta final de temporada e unha vitoria crucial ante Perfumerías Avenida.

Embutidos Pajariel Bembibre é un bloque creado a base de traballo en equipo que disputará os Play-offs por primeira vez na súa historia, e farao na que é a súa segunda temporada en Liga Feminina. Sen dúbida, un fito a celebrar por todos os seus afeccionados e polos que gustan do Baloncesto competitivo.

Play-offs: Semifinais
Rubricada a clasificación e recibidas as obrigadas felicitacións por este meritorio fito, ao equipo de Chiqui Barros tócalle agora concentrarse no cruce de Play-Offs, o cal o enfrontará de novo con Perfumerías Avenida, onde milita a galega Tamara Abalde. É o turno de competir con ambición e seguir desfrutando do Baloncesto. Sorte aos catro semifinalistas: 

Perfumerías Avenida (1º) vs Embutidos Pajariel Bembibre (4º)
Rivas Ecópolis (2º) vs Gran Canaria 2014 (3º)

 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram