Chiqui Barros, en Ferrol co Programa de Tecnificación FGB

A Delegación FGB en Ferrol contou este domingo, dous de febreiro; no marco dun novo Centro de Tecnificación Zonal, coa visita e colaboración do adestrador galego de Embutidos Pajariel Bembibre (Liga Feminina), Chiqui Barros.

Un total de 46 xogadores e xogadoras da comarca de Ferrolterra accederon a participar nesta convocatoria que, en concreto, buscaba traballar con rapaces e rapazas de categorías Minibasket e Preminibasket.

O conxunto de xogadores exercitouse na cidade departamental (Pavillón CEIP Esteiro) xunto a Chiqui Barros e nove adestradores en formación, procedentes de clubs da propia Delegación. Entre todos contribuíron a crear unha especial sesión de traballo na que os minis e preminis extraeron unha aprendizaxe construtiva.

1 2

“Crear hábitos. Adestrar na Base”
A presenza de Barros neste último CETI Zonal materializouse ademais como experiencia didáctica para os técnicos presentes. Xunto a eles conversou e debateu sobre aspectos de metodoloxía, psicoloxía e valores, seguindo sempre a premisa ideolóxica dun “adestrador creando os seus hábitos: adestrando e dirixindo na base”.

A experiencia do técnico ferrolán tamén se trasladou de xeito práctico, a través de explicacións en pista baixo a filosofía: “exercicios como medio vs exercicios como fin”.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram