Premiaranse os dous mellores traballos. O primeiro estará destinado, ademais, a ser a imaxe da Federación Galega de Baloncesto na súa postal de Nadal. A data límite para a entrega dos deseños e debuxos está marcada para o vindeiro 12 de decembro.
O certame conta coa colaboración de “la Caixa”, que aporta un especial agasallo para o vencedor: un televisor SAMSUNG 19″ CLASS. 450 Series. LCD HDTV.
A Federación Galega de Baloncesto, ante a proximidade das festas do Nadal, renova por terceiro ano consecutivo a convocatoria do seu Certame de debuxo: “O Nadal e o Baloncesto”.
Co obxectivo de configurar o deseño da Postal de Nadal que a FGB tradicionalmente envía durante esas datas para felicitar a todos os clubs, actívase a III edición desta proposta, na que para participar será preciso enviar unha obra e deseño persoal que agrupe determinadas especificacións, as cales se detallan no documento que se achega
Participantes e Premios
Poderán presentar os seus deseños e traballos para este propósito todos aqueles xogadores e xogadoras federados, que pertenzan ás categorías dende Preminibasket ata Cadete, e que desexen manifestar a súa afección cara a pintura ou o deseño, co BALONCESTO e máis o NADAL como motivos.
A Federación Galega de Baloncesto galardoará ao vencedor absoluto deste III CERTAME cun premio de material deportivo valorado en 100 euros, así como cun televisor SAMSUNG 19″ CLASS. 450 Series. LCD HDTV, cortesía de “la Caixa”.
O segundo clasificado recibirá un premio económico, nas mesmas condicións, por valor de 60 euros e un exemplar do libro “50 anos de Baloncesto en Galicia”.