– Tres destacados profesionais da ACB, encabezados polo propio Director Técnico do CGAB, Miguel Ángel Perez; guiarán os contidos desta convocatoria, establecida para este sábado, catro de xaneiro.
– Os colexiados Carlos Sánchez Montserrat e Rubén Sánchez Mohedas, convidados de excepción, completan o cadro de relatores da cita, que reunirá a un total de 45 árbitros do Grupo 1 CGAB.
O Comité Galego de Árbitros abre o ano 2014 coa celebración do seu xa habitual Clínic de Nadal, actividade a celebrar este sábado, catro de xaneiro, e para a que están convocados a totalidade de colexiados galegos do Grupo 1.
As instalacións do Colexio Manuel Peleteiro, en Santiago de Compostela, servirán de perfecto escenario para este Clínic, cuxo peso específico correrá a cargo do Director Técnico do Comité Galego de Árbitros e Colexiado ACB e Internacional FIBA, Miguel Ángel Pérez.
O responsable dos colexiados autonómicos dirixirá as diferentes ponencias teórico-prácticas que centrarán a atención da xornada e farao acompañado por dous convidados de auténtico nivel, os dous colexiados ACB: Carlos Sánchez Montserrat e Rubén Sánchez Mohedas.
Tanto Sánchez Monserrat, con 17 temporadas na competición; como Sánchez Mohedas, actual Coordinador Xeral da Federación Guipuzcoana de Baloncesto e con 4 temporadas en ACB no seu haber; participarán de diferentes exposicións e debates, compartindo cos compañeiros galegos numerosas perspectivas e matices do seu traballo.
Probas Físicas, exercicios teóricos e prácticos, os imprescindibles test de regras e aclaratorias proxeccións audiovisuais cubrirán a maiores o programa deste Clínic, cuxo comezo está previsto ás 09:30 h para avanzar baixo a seguinte orde:
09:30 h PRESENTACIÓN
09:45 h TEST DE REGRAS
10:30 h PROBAS FÍSICAS
11:15 h RESUMO TÉCNICO DE METADE DE TEMPORADA
12:00 h DESCANSO
12:15 h CONTROL DE PARTIDO (EXPOSICIÓN DE TRABALLOS)
13:30 h DESCANSO
13:45 h CONCLUSIÓNS
14:30 h XANTAR