Chega o “3×3 Boiro SCQ”

Chega unha nova oportunidade de participar no “I Circuito Galego 3×3 Streetball”, organizado por “Tiro Libre SCQ” coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto.

Este mesmo sábado, 23 de xullo, celébrase o 3×3 Boiro SCQ na indicada localidade de Boiro, destinado ás categorías Infantil, Cadete e Sénior masculino e feminino.

Con varios premios deportivos en xogo, o “3×3 Boiro SCQ” recibirá a todos aqueles equipos de entre 3 a 4 xogadores que desexen achegarse ás pistas da Cachada dende ás 10:00 h da mañá do sábado para desfrutar deste peculiar formato competitivo.

Os interesados poden tramitar a súa inscrición vía www.tirolibresantiago.com. O prezo da mesma é de 5 euros por xogador e as prazas son limitadas.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram