Chega a Licenza dixital para os árbitros e oficiais galegos

A Federación Galega de Baloncesto e o Comité Galego de Árbitros activan a “licenza dixital” para todos os seus compoñentes. A través dunha aplicación móbil, que teñen xa á súa disposición para descarga desde esta mesma tarde, todos os colexiados e oficiais de mesa galegos disporán da súa licenza persoal en formato dixital, así como do aceso a outros servizos de información e consulta da actualidade desde ese mesmo soporte. 

Este primeiro paso dado pola Federación Galega de Baloncesto no ámbito da dixitalización, e que se estrea co Comité Galego de Árbitros, está previsto que se amplíe con novas utilidades nun futuro próximo aos restantes colectivos federados

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram