Chega a gran cita do Minibásquet: XII Día Autonómico Correo Gallego

O Multiusos Fontes do Sar conta as horas para ser testemuña e escenario este sábado, 6 de xuño, da festa do Minibasket Galego por excelencia: XII Día Autonómico do Minibasket, organizado polo Grupo Correo Gallego coa colaboración, entre outras institucións da Federación Galega de Baloncesto e o seu Comité de Árbitros.

O Día Autonómico do Minibásquet xa é unha cita obrigada no calendario dos equipos galegos, que este ano sumarán un total de 98 nas pistas do Fontes do Sar, onde se disputarán 104 encontros nas categorías Minibasket e Preminibasket. Todo, en nove pistas simultáneamente desde as 09:30 h ata as 19:30 h.

O torneo repetirá a exitosa dinámica de edicións anteriores. Ademáis do xogo, disporase de espazos para o esparcemento dos nenos que non estean desputando partidos nas pistas centrais.

Desfrutando de toda esta disposición deportiva e de lecer haberá equipos procedentes de municipios tan dispares como: Xinzo, Carballo, Viveiro, Ferrol, Lugo, Ourense ou Barco de Valdeorras, entre outros. Todos eles desprazaranse en autobuses. Os restantes equipos pertencen a Santiago e comarca.

A organización conta coa colaboración do Concello de Santiago, coa infraestrutura e persoal da Federación Galega de Baloncesto, con 30 árbitros e oficias de mesa de toda a comunidade autónoma, e 60 colaboradores que velarán para que os 1.400 participantes gocen dun día de puro baloncesto.

O evento contará tamén cos seus patrocinadores habituais: Concello de Santiago, Coca-Cola, Blu:sens, Federación Galega de Baloncesto, Multiusos Fontes do Sar e McDonald’s, entre outros. Nesta edición entra a formar parte dos patrocinadores a empresa Monbus, que se fará cargo do traslado dos equipos. Remarcar tamén a inestimable axuda do Grupo Scout Chan, 061, Cruz Vermella e Protección Civil.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram