A Coruña engalánase para recibir unha fin de semana co baloncesto 3×3 como eixo central. Básquet Coruña, en colaboración coa Federación Española de Baloncesto, a Federación Galega, e co apoio do Concello de A Coruña, converterá este sábado e domingo, 6 e 7 de outubro, nunha festa deportiva, co espírito da participación cidadá por bandeira e co referente da visita á cidade do Road Show World Cup 2014, estrutura lúdico itinerante da FEB.
Basquet Coruña presenta o “Torneo 3×3 Virxe do Rosario”, unha nova oportunidade para os afeccionados e federados de desfrutar do formato 3×3, que volve a sair á rúa para amosar toda a súa forza.
A cita será esta fin de semana, 6 e 7 de outubro, e o escenario escollido: a explanada do Palacio dos Deportes de Riazor. Xogadores en idades comprendidas entre as categorías minibasket, infantil, cadete e júnior están chamados a participar desta competición, que ademais do atractivo do propio formato 3×3, contará coa presenza dun convidado de auténtica excepción: o Road Show World Cup 2014.
Os equipos participantes darán conta o sábado, de 16:30 h a 19:30 h, dunha fase de grupos, clasificatoria que dará saída ao Torneo. Posteriormente, o domingo, e tras a desputa do encontro de Adecco Ouro (Leyma Natura Básquet Coruña – Planasa Navarra), levarase a cabo a Fase Final, entre 12.30 h e 13.30 h. E durante todo este tempo, completando a oferta deportiva, o citado Road Show World Cup 2014 non deixará a ninguén indiferente.
Road Show World Cup 2014
O camión da Federación Española de Baloncesto que se encarga de promocionar o Mundial 2014, implicando a todos os bos afeccionados ao baloncesto e trasladándolles a maxia deste deporte a través de sorprendentes actividades estará no “Torneo 3×3 Virxe do Rosario”.
Será un valor engadido a través do cal poderanse descubrir segredos e documentos históricos do baloncesto nacional, coñecer de xeito interactivo diferentes aspectos do xogo e recoller a información más completa do futuro Mundial 2014. Por suposto, non faltará o espazo para o ocio.
Inscricións
Completamente de balde e con todas as facilidades para o trámite. Os interesados en dar vida a este Torneo 3×3 poden anotarse ata este venres, 5 de outubro. Para facelo deben dirixir o formulario de inscrición preciso, que aquí se achega, ao seguinte enderezo electrónico do propio club: actividades@basquetcoruna.com