O Comité Galego de Árbitros acompañará en Ferrol aos catro colexiados designados para dirixir a Fase final da Copa Galicia Sénior Feminina e a Final da Copa Galicia EBA.
Xunto a eles, os máximos responsables do organismo arbitral galego levarán a cabo unha xornada de traballo técnico que se estenderá durante os dous días nos que se celebran ambas as competicións, venres e sábado, 18 e 19 de outubro.
Adrián Iglesias, Adrián López, Alejandro Pérez e Roi Rilo, todos eles recén ascendidos ao Grupo 2 FEB, son os árbitros que formarán parte desta convocatoria, participando dos encontros de semifinais e finais e, á súa vez, analizando os mesmos dende un punto de vista audiovisual.
Guiando esta labor estarán o Director Técnico do Comité Galego,Miguel Ángel Pérez; e o seu Coordinador Autonómico, Fran Guillamet.