CGAB: Tres colexiados galegos para o Grupo 1 FEB

O Comité Galego de Árbitros contará con tres árbitros galegos no grupo 1 FEB, máximo status Federativo, na temporada 2016 – 2017. Os colexiados Adrián Iglesias e Guillermo Ríos ascenden a esta categoría, situación que se suma á continuidade na mesma de Daniel Pazos.

Este trío de representantes configura un gran novidade para a arbitraxe galega, situación que se completa, ademais, coa incorporación de Paula Lema como árbitro vinculada ao mesmo grupo 1. 

Deste xeito, no ciclo competitivo 2016 – 2017, un total de 4 árbitros CGAB poderán dirixir encontros de LEB Oro e Liga Feminina por primeira vez na historia destas competicións. A arbitraxe galega acada así un fito comparable ao número de equipos FGB neste ámbito.

Os cambios de índole positiva tamén se producen no Grupo 2 FEB, ao que se incorporan Laura Piñeiro e Martín Trasancos. A baixa galega vén unicamente da man de Luís Estévez, por retirada.

O Comité Galego de Árbitros, orgulloso de que estes colexiados teñan a oportunidade de seguir crecendo ao máis alto nivel, continúa a traballar na súa planificación formativa e técnica, iniciada cinco temporadas atrás.

 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram