CGAB: Plus galego nas competicións FEB 2015 – 2016

Boas novas no ámbito nacional para o Comité Galego de árbitros. Tras designación oficial da Federación Española de Baloncesto, o CGAB comunica que na temporada 2015 – 2016 contará con tres colexiados dispoñibles para dirixir encontros nas competicións LEB e na Liga Feminina.

Os galegos Adrián Iglesias e Guillermo Ríos adquiren neste ciclo competitivo 2015 – 2016 a súa vinculación ao Grupo 1 FEB, categoría que os habilita para ser designados nas ligas LEB Oro, LEB Prata e Liga Feminina.

Pola súa banda, o seguinte chanzo, o Grupo 2 de colexiados FEB; suma dúas novas incorporacións pertencentes ao CGAB, protagonizadas neste caso por Jaime Álvarez Ossorio e Manuel Seijo. Ambos os dous, en virtude deste ascenso, aptos para participar nos encontros de Liga EBA e Liga Feminina 2.

O Comité Galego de Árbitros fortalece así a súa presenza nas principais competicións nacionais, nas que, tras diferentes temporadas con tan só un membro activo, gaña peso para a actual etapa.

Árbitros Grupo 1 FEB 2015 – 2016
Árbitros Grupo 2 FEB 2015 – 2016

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram