CGAB: O Comité Zonal Coruñés aposta polo reforzo formativo

Os integrantes do CGAB na súa división xeográfica de A Coruña foron testemuñas este mércores, sete de maio; dunha nova acción de apoio formativo, desta volta da man do Colexiado ACB e Internacional FIBA, Carlos Cortés.

O árbitro coruñés compartiu con seus compañeiros de comité zonal preto de hora e media de coloquio no que as impresións que se intercambiaron xiraron en torno á “arbitraxe en función do xogo. A lectura do mesmo”.

Do xeito habitual no que transcorren este tipo de iniciativas de recliclaxe de contidos e posta en común de dúbidas, os participantes amosáronse totalmente implicados e respostaron á convocatoria en elevada cifra.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram