CGAB: Nova Convocatoria para a Formación “on line” de árbitros e oficiais

– O Comité Galego de Árbitros activa a segunda convocatoria da temporada 2013 – 2014 no que a formación “on line” para árbitros e oficiais de mesa se refire.

– A través de 10 sesións teóricas  que se realizarán entre o 6 e o 17 de novembro, o CGAB abre de novo a posibilidade de iniciarse no mundo da arbitraxe dun xeito flexible a nivel de horarios e óptimo en canto a contidos.

 Novembro é o mes escollido polo Comité Galego de Árbitros para promover a segunda convocatoria da temporada para os seus Cursos de Iniciación “on Line”. Ésta levarase a cabo durante sete días concretos do calendario nos que se executarán aulas virtuais, as cales poderán cursarse segundo a elección dos alumnos.

Estableceranse dúas quendas diferentes, repartíndose unha en horario de mañá e outra en horario de tarde, e repetindo materia en cada tanda. Serán un total de 10 sesións dunha hora e corenta minutos de duración cada unha.

A presenza física na cancha dos alumnos unicamente será necesaria en tres ocasións (6 horas), ubicándose como pistas de traballo as marcadas polas diferentes delegacións zonais FGB. Posteriormente, a avaliación dos coñecementos virá da man dun test on line e dunha imprescindible proba física, ambos de carácter non eliminatorio.

Programación
Regras de xogo, Anotador e Acta, Cronómetro e 24 segundos, Psicoloxía e coñecemento do xogo e iniciación á mecánica arbitral, entre outras, serán as materias sobre as que afondar, optimizando as posibilidades que a rede ofrece e fomentando a comunicación alumno – profesor.

Inscrición
Para tramitar a inscrición nesta Convocatoria os interesados poden facelo a través do enderezo electrónico arbitros@fegaba.com ou, persoalmente, no departamento arbitral das Delegacións zonais FGB. En ambos casos, deberán achegar, antes do día 5 de novembro, o formulario de inscrición e o xustificante de pago da cota actual dos cursos de iniciación do CGAB: 20 euros, a ingresar de xeito previo ao curso na conta 2100 1455 11 0200136257 (la Caixa). 

O CGAB resérvase a posibilidade de non realizar o curso se o número de alumnos inscritos non supera os 20.

Formulario Inscrición – Curso “On line”.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram