CGAB: Nova Convocatoria para a Formación “on line” de árbitros e oficiais

– O Comité Galego de Árbitros segue a apostar pola formación “on line” e convoca o seu terceiro curso de iniciación da temporada baixo este sistema.

– A través de 10 sesións teóricas que se realizarán entre o 2 e o 16 de decembro, o CGAB abre de novo a posibilidade de iniciarse no mundo da arbitraxe dun xeito flexible a nivel de horarios, e óptimo en canto a xestión de contidos.

O Comité Galego de Árbitros promove a terceira convocatoria da temporada para os seus Cursos de Iniciación “on Line”. Ésta, que implica a todos aqueles interesados en achegarse as tarefas de árbitro ou oficial de mesa, levarase a cabo durante 10 días concretos do calendario (2, 3, 4, 5, 9, 10, 11, 12, 13 e 16 de decembro) nos que se executarán aulas virtuais, as cales poderán cursarse segundo a elección dos alumnos.

Estableceranse dúas quendas diferentes, repartíndose unha en horario de mañá e outra en horario de tarde, e repetindo materia en cada tanda. Serán un total de 10 sesións dunha hora e corenta minutos de duración cada unha.

A presenza física na cancha dos alumnos unicamente será necesaria en tres ocasións (6 horas), ubicándose como pistas de traballo as marcadas polas diferentes delegacións zonais FGB. Posteriormente, a avaliación dos coñecementos virá da man dun test on line e dunha imprescindible proba física, ambos de carácter non eliminatorio.

Programación
Regras de xogo, Anotador e Acta, Cronómetro e 24 segundos, Psicoloxía e coñecemento do xogo e iniciación á mecánica arbitral, entre outras, serán as materias sobre as que afondar, optimizando as posibilidades que a rede ofrece e fomentando a comunicación alumno – profesor.

Inscrición
Para tramitar a inscrición nesta Convocatoria os interesados poden facelo a través do enderezo electrónico arbitros@fegaba.com ou, persoalmente, no departamento arbitral das Delegacións zonais FGB. En ambos casos, deberán achegar, antes do día 29 de novembro, o formulario de inscrición e o xustificante de pago da cota actual dos cursos de iniciación do CGAB: 20 euros, a ingresar de xeito previo ao curso na conta 2100 1455 11 0200136257 (la Caixa).

O CGAB resérvase a posibilidade de non realizar o curso se o número de alumnos inscritos non supera os 20.

Formulario Inscrición – Curso “On line”.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram