CGAB: Grupo 1 e Grupo Sub 23 para a temporada 2013 – 2014

O Comité Galego de Árbitros comunica as listas de colexiados que conformarán o seu Grupo 1 (correspondente ás competicións de 1ª División Masculina, 1ª División Feminina e 2ª División Sénior Masculina) e o seu Grupo Sub 23, este último encadrado, á súa vez, dentro do Grupo 2.

A actual configuración de ambos bloques chega marcada por unha redución no Grupo 1, determinada polas necesidades das diferentes competicións, e por un incremento no caso da categoría Sub 23, estadío cuxa media de idade dos seus compoñentes é de 19.4 anos.

Clínic Pretemporada
Todos os colexiados incluídos en ambos grupos comezarán a temporada 2013 – 2014 tomando parte do Clínic de Pretemporada que o Comité Galego organizará o vindeiro oito de setembro en Santiago de Compostela (Colexio Manuel Peleteiro). Nesta actividade, que dará a saída ao novo curso, realizarán actividades técnicas, test de regras e probas de aptitude física.

A relación de colexiados que se inclúen en cada grupo pode consultarse a continuación:

Grupo 1

Grupo Sub 23

Grupo 1
Grupo Sub 23

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram