CGAB: encontro online para a revisión dos criterios arbitrais 2021 – 2022

O Comité Galego de Árbitros realiza unha temporada maís a súa habitual charla coloquio cos Criterios arbitrais de aplicación nesta 2021 – 2022 convidando á participación de todos os clubs galegos que o desexen.

A presente convocatoria terá lugar este martes, 21 de setembro; realizándose de xeito online, vía plataforma zoom de 21:00 h a 22:15 h; e estando a cargo da mesma o Director Técnico do propio Comité Galego, o árbitros FIBA e ACB, Miguel Ángel Pérez Pérez.

De cara a xestionar fluidamente a maior participación posible de todos os clubs, a presenza nesta xuntanza rogamos que se limite a máximo unha persoa por cada club.

A ligazón para formar parte desta cita virtual de revisión de criterios xa están en disposición de todos os clubs vía mail. Igualmente, os clubs que non teñan recibido o indicado correo, poden solicitar a ligazón de acceso á charla poñéndose en contacto con arbitros@fegaba.com

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram