CGAB en Ourense: Reflexións tácticas e Debate da man de Gonzalo García de Vitoria

(foto:www.clubourensebaloncesto.com)

(foto:www.clubourensebaloncesto.com)

Continuando co ciclo de conferencias establecido polo Comité Galego de Árbitros na Delegación FGB en Ourense, este mesmo venres 22, a partir das 20.30 h, os colexiados e oficiais de mesa desta zonal terán a oportunidade de compartir tempo e charla cun profesional Adecco Oro, neste caso, o máximo responsable deportivo do Ourense Termal, Gonzalo García de Vitoria.

O adestrador achegará aos árbitros a visión do seu traballo, principalmente baseándose en referencias tácticas que permitan entender mellor o xogo e centrando a atención tamén nas fórmulas de cooperación entre técnicos e colexiados.

A totalidade do colectivo arbitral da Delegación está convidado a achegarse esta mesma tarde a presenciar e, por suposto, ser tamén parte activa desta charla, da que, grazas á experiencia deportiva de García de Vitoria, poderase extraer un amplo aprendizaxe.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram