Completada con satisfacción unha nova acción formativa dentro do Comité de Árbitros na Delegación de A Coruña. O Director Técnico do CGAB, Miguel Ángel Pérez, congregou na tarde do mércores a un total de 30 árbitros adscritos a este colexio zonal. Xunto a eles, e botando man da súa dilatada experiencia, compartiu diferentes aspectos teóricos.
Miguel Ángel impartiu unha charla que se estendeu durante máis de hora e media e na que, entre a atención de todos os presentes, departiu sobre a mecánica arbitral, apoiándose en diferentes exemplos audiovisuais extraídos da plataforma que o propio CGAB posúe en Youtube.
A partir do visionado de varias xogadas, todos os colexiados asistentes presentaron as cuestións e dúbidas relacionadas coa temática da charla e que, habitualmente, xorden no desenvolvemento da súa faceta en pista.