CGAB: cuarta convocatoria para a formación de Iniciación “on line”

O Comité Galego de Árbitros prosegue co seu ritmo constante no que á captación e formación de novos colexiados e oficiais de mesa se refire. Por cuarto mes consecutivo, abre a vía da iniciación “on line”, programando un novo curso destas características nos días: 10, 11, 12, 15, 16, 17, 18, 19, 22 e 23 de decembro.

Co único requisito para os alumnos de dispoñer de ordenador e conexión a Internet, calquera persoa coa intención de converterse en árbitro ou oficial de mesa atopará nesta convocatoria “on line” todas as facilidades posibles.

Un bloque de 14 horas de aulas virtuais, distribuídas en quendas horarias de mañá ou tarde, centraliza a dinámica didáctica deste IV Curso, no que se darán a coñecer as bases da faceta arbitral e do traballo de oficiais de mesa, ámbito do que pasarán a formar parte unha vez superen o curso.

Non faltará a titorización CGAB oficial durante todas as sesións do curso, impartido este mediante unha plataforma que adapta as materias á flexibilidade horaria que precisen os alumnos.

Inscrición
Os interesadas en tramitar a súa inscrición neste IV Curso “On Line” poden facelo dende este mesmo intre, e ata o nove de decembro; a través do enderezo electrónico arbitros@fegaba.com ou, persoalmente, no departamento arbitral das Delegacións zonais FGB.

En ambos casos deben entregar a ficha de alta, que achegamos xunto a esta información, e o xustificante de pago da cota actual dos cursos: 20 euros (a ingresar de xeito previo na conta ES27 2100 1455 11 0200136257 de la Caixa).

Lembrar que o Comité Galego de Árbitros establece en 20 a cifra indispensable de alumnos cos que se dará inicio a cada convocatoria. En caso de non contar con esta base, non se levará a cabo a actividade.

Formulario de Alta – Curso On Line CGAB

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram