CGAB: Charla formativa este venres no Comité Coruñés

O Comité Galego de Árbitros, a través do seu propio Director Técnico, Miguel Ángel Pérez Pérez, traslada esta tarde de venres (20.00 h) ao seu Comité Zonal en A Coruña unha nova actividade teórico formativa da que o “criterio en violacións; pasos, tres segundos e outras” será o protagonista.

Da man de Pérez Pérez os colexiados da Coruña convocados a esta cita poderán afondar na indicada faceta temática, presentando á súa vez as súas precisas dúbidas ou cuestións, aproveitando así a presenza do Director Técnico, avalado pola súa experiencia como ACB e, por suposto, como internacional FIBA.

A partir do visionado de diferentes exemplos audiovisuais, e do propio coñecemento de Pérez Pérez, a fluidez da charla está asegurada. Os locais da Delegación FGB en A Coruña agardan recibir pois a unha cifra numerosa de colexiados adscritos a este comité zonal.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram