Centros de Tecnificación: axenda para a fin de semana

Dobre cita dominical para a tecnificación este 26 de febreiro. As Delegacións en Vigo e Lugo, que levan bo ritmo no que ao traballo de promoción se refire, convocan dous novos CETIS, abertos como sempre á participación de todos aqueles xogadores e xogadoras das zonas que se van visitar.

Oia, nova sede para a tecnificación
Vigo amplía a súa nómina de vilas ás que estender a difusión da práctica do Baloncesto. Tras Ponteareas e Tomiño, tócalle este domingo á a súa quenda a Oia.

Coa intención de recoller o mesmo optimismo que se viviu grazas a esta iniciativa nas anteriores sedes, os responsables deportivos da Delegación chaman á participación aos xogadores e xogadoras das categorías benxamín, alevín e infantil.

O horario establecido para esta convocatoria esténdese de entre 10.30 h a 13.00 h e a localización xeográfica da actividade será a da Escola de Educación Infantil de Oia CEIP Mestre Manuel García. A presenza de adestradores colaboradores (Noelia de Andrés, do C.B. Baiona; Carlos Rodríguez de Seis do Nadal; e Xavier Barra, tamén de C.B. Baiona) axudará a reforzar os principios e a motivación básica do importante traballo de promoción.

104 participantes en Lugo
Para a Delegación Lucense o deste domingo 26 será o terceiro centro de tecnificación no que vai de temporada. Neste caso, e tras visitar anteriormente as localidades de Sarria e San Ciprián, con óptimo resultado, a cita agora será na propia cidade de Lugo.

Coa súa presenza xa confirmada, no Pavillón de Frigsa, reuniranse un total de 104 xogadores, repartidos por categorías e horarios do seguinte xeito:

10.30 h: benxamín mixto: 31 participantes

12.00 h: prebenxamín mixto: 15 participantes.

17.00 h: alevín femenino: 25 participantes.

18.00 h: alevín masculino: 33 participantes.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram