A Área Deportiva da Federación Galega de Baloncesto comunica, ao completo, o bloque de traballo que xunto aos técnicos xa anunciados, Cristino Menor (en categoría masculina) e Iago Rodríguez (en categoría feminina) liderarán este domingo, 26 de xaneiro, o primeiro Centro de Tecnificación de carácter Autonómico da 2013 – 2014.
Así, e para dirixir o traballo e dar as precisas instrucións técnicas aos 16 xogadores e 16 xogadoras do ano 2011 citados no Pavillón Lorenzo de la Torre (Santiago), o equipo FGB configúrase do seguinte xeito:
CETI 2001 Masculino
Colaborando con Cristino Menor, Director Deportivo do C.B. Estudiantes Lugo, estarán Ricardo Aldrey (C.D. Recimil) e Iván Villaverde (C.B. Artai), bos coñecedores da materia baloncestística nestas idades e con experiencia previa en actividades organizadas pola FGB.
A presencia de figuras como a de Ricardo Aldrey e os restantes colaboradores neste tipo de convocatorias fai que as mesmas posúan unha calidade especial. No caso do adestrador santiagués, que lembremos que atesoura unha ampla traxectoria no mundo do deporte, este poderá volver a achegar e compartir cos rapaces a súa experiencia e adicación cara o Baloncesto nun evento auspiciado pola FGB.
CETI 2001 Feminino
No apartado Feminino, Iago Rodríguez Palmeiro (C.B. Cluny); responsable Deportivo Zonal FGB na Delegación de Santiago; contará co reforzo e apoio de Marita Janeiro (C.B. Arxil) e Óscar Díaz (Celta), dous técnicos novos que, de cotián, nos seus respectivos clubs, están inmersos na dinámica do Baloncesto Base.
A labor común deste seis profesionais do noso Baloncesto será de grande importancia para poder continuar co proceso de seguimento e control dos rapaces e rapazas galegas en idade infantil (2001), que neste caso representan a un total de 22 clubs de toda Galicia.
CETI Autonómico 2001 Feminino: 26/01/14
CETI Autonómico 2001 Masculino: 26/01/14