Celta Zorka Recalvi salda unha débeda histórica co seu ascenso á LF Endesa

O equipo de Cristina Canteiro impúxose este sabado no último encontro da Final Four de Liga Challenge á Cordà de Paterna, certificando así o seu ansiado ascenso á LF Endesa. Unha promoción avalada polo gran apoio da súa afección e o de todo o Baloncesto Galego.

As celestes realizaron toda unha demostración de carácter sobre a pista para sobrepoñerse aos momentos máis complicados do encontro. E todo iso liderados por unha Regina Aguilar que terminou conquistando o MVP da Fase Final, premio que lle entregou o Presidente FGB, Julio Bernárdez.

Trasladar a todo ao noso EQUIPO e a toda a cidade de Vigo os nosos Parabéns! O traballado e loitado sobre a pista obtén unha recompensa en forma dun ascenso que devolve ao Club a unha Liga Endesa que lle dá a benvida cos brazos abertos.

Coa chegada do RC Celta, a Liga Feminina Endesa contará con forte peso galego. As viguesas, únense a Durán Maquinaria Ensino e Baxi Ferrol na representación galega na Competición. Todo un luxo.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram