Celebrado con éxito o Cinic de Nadal do CGAB

Resultados satisfactorios en probas físicas e de regras de xogo.

O Clinic de Nadal do Comité Galego de Árbitros celebrouse en Ferrol o pasado 29 de decembro, contando coa presenza activa de 65 participantes, de quen se recolleron bos resultados nas Probas Físicas (superadas polo 98%) e nas referentes a regras de xogo (superadas polo 88%).

562R8168Rec

O Pabellón da Malata foi o escenario dos diferentes exercicios levados a cabo, tanto de regras como de aptitude física. Alí tamén tivo lugar unha charla de mecánica a cargo do Director Técnico do propio CGAB, Miguel Ángel Pérez.
Posteriormente, os colegiados compartiron unha charla sobre control do xogo e manexo do partido, apoiada por material audiovisual. A mesma tivo lugar no Hotel Carrís Almirante.

O CGA, satisfeito co resultado global deste Clínic de Nadal, desexa agradecer a colaboración neste evento tanto do Concello de Ferrol como do Ferrol C.B

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram