CB Breogán promove o seu achegamento aos clubs da provincia de Lugo

(Foto: C.B. Breogan)

(Foto: C.B. Breogan)

O máximo mandatario do CB Breogán, Antonio Veiga; anunciou este mércores en rolda de prensa que o club que preside traballa en liñas de achegamento e colaboración con todos os clubs de baloncesto da provincia de Lugo, facendo especial fincapé en aqueles que traballan co baloncesto base e desenvolven un importante traballo de formación.

Esta acción ideada pola entidade lucense é o primeiro paso dun proxecto de apertura que irá avanzando ao longo de toda a tempada con diferentes liñas de colaboración.  A primeira delas, de carácter deportivo, remarcouna á súa vez, Lisardo Gómez, adestrador do Ribeira Sacra. O Técnico reiterou o compromiso do seu equipo para traballar cos clubs da provincia en todo aquelo que sexa posible polo ben do baloncesto.

Clubs como Ría de Ribadeo ou Val de Lemos, onde os xogadores de base xa compartiron pista cos profesionais celestes, constitúen as primeiras testemuñas deste proxecto de colaboración, o cal se intensificará durante o presente curso deportivo.

Colaboración Zonal FGB

A Delegación Lucense de Baloncesto configura tamén un eixo importante para articular este programa de colaboración, do cal vivirase esta fin de semana, coa estrea na Liga Adecco Ouro do Ribeira Sacra, un capítulo especial.

O CB Breogán, coa colaboración da zonal FGB, convidará a os xogadores e xogadoras da provincia, menores de 18 anos, a asistir ao encontro deste sábado, 4 de outubro, ante o Ford Burgos (19:15 horas. Pazo dos Deportes). As invitacións para esta cita foron xa enviadas previamente aos diferentes clubs.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram