Catro representantes galegos agardan a súa cita cos XVI Campionatos de España de Clubs Cadetes

Os campións e subcampións das Ligas FGB Cadete de 1º División acometen dende este domingo, 25 de maio; a grande responsabilidade, e premio, de participar nos Campionatos de España de clubs desta categoría.

Celta Selmark (1º) e Codigalco Carmelitas (2º), en feminino; e Estudiantes Lugo (1º) e Baloncesto Narón (2º), en masculino; son os catro representantes galegos nesta especial convocatoria. A competición desputarse en Tenerife para os combinados femininos e na cidade de Zaragoza para os masculinos.

Preparados e dispostos, os galegos afrontarán, en cada caso, un calendario que achegamos ao completo, e cuxa primeira xornada, a dominical, preséntase como segue:

XVI Campionato España Clubs Cadete Masculino – 1º Xornada Fase Previa (25/05/14)

Web: http://www.fabasket.com/ctocadete14/

GRUPO C

Baloncesto Narón, E.M. El Olivar, EDM Torrelavega SAB A e C.Dental Sanders F. Granada

(18:00 h) E.M. El Olivar – EDM Torrelavega SAB

(20:00 h) Baloncesto Narón – C.Dental Sanders F. Granada (62 – 64)

GRUPO D

Estudiantes Lugo Leyma Natura, E. Leclerc Caja Rural “A”, C.B. Alginet A e Tuenti Movil Estudiantes “A”

(09:00 h) E. Leclerc Caja Rural “A” – Estudiantes Lugo Leyma Natura (36 – 78)

(11:00 h) C.B. Alginet A – Tuenti Movil Estudiantes “A”

XVI Campionato España Clubs Cadete Feminino – 1º Xornada Fase Previa (25/05/14) 

@XVICtoCadete #ilusioncadete

Web: http://www.ilusioncadete.com/

GRUPO C

Codigalco Carmelitas, Grupo 76 Alkassar A, Compañía de María A e C.B. Ciudad de Burgos “A”

(15:00 h) Grupo 76 Alkassar A – Compañía de María A

(13:00 h) Codigalco Carmelitas – C.B. Ciudad de Burgos “A” (67 – 44)

GRUPO E

Celta Selmark, CBC Lobo, Osteomedic S. Isidro Covipro e La Salle

(17:00 h) CBC Lobo – Osteomedic S. Isidro Covipro

(19:00 h) La Salle – Celta Selmark (82 -28)

XVI Campionato de España de Clubs Cadete Feminino
XVI Campionato de España de Clubs Cadete Masculino

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram