Galicia contará con catro representantes arbitrais no Campionato de España de Seleccións Infantís e Cadetes que viviremos entre o tres o sete de xaneiro na provincia de Huelva.
Nesta cita nacional, catro compañeiros do Comité Galego de Árbitros formarán parte da expedición galega, desfrutando desta experiencia deportiva de amplo nivel. Serán: Julián Rico (Ferrol) e Anxo Méndez (Santiago) en categoría cadete; e Kirian Prol (Ourense) e Iago Leal (Ourense), en categoría infantil.
Os catro partirán a terras andaluzas coas catro seleccións galegas o vindeiro un de xaneiro. O seu inicio na competición está marcado para o día tres cunhas designacións e axenda de partidos que se coñecerán en breve.