O Comité Galego de Árbitros xa coñece a súa representación nos Campionatos de España de Seleccións Autonómicas Infantís e Cadetes. Nesta cita, que terá lugar en diversas localidades da provincia de Huelva entre o días 3 e o sete de xaneiro, serán cinco os colexiados CGAB que se sumen á expedición galega #KDTINF2019.
Designados para desfrutar desta experiencia, inesquecible para todo deportista, están: Lara Antelo (Grupo 1 CGAB – Dispoñible Grupo 2 FEB), Daniel López Illán (Grupo 2 FEB) e Samuel Martínez Covelo (Grupo 1 CGAB – Dispoñibe Grupo 2 FEB) en categoría infantil; acompañados na categoría cadete por Iván Escariz Torres (Grupo 2 FEB) e Adrián Álvarez Rodríguez (Grupo 2 FEB).
Os cinco reuniranse en Huelva cun total de 71 compañeiros máis, chegados das 19 autonomías participantes. Con eles compartirán cinco días de baloncesto, formación e aprendizaxe deportiva e humana da man das 76 seleccións participantes. Parabéns!!