Cataluña debuta con vitoria no “V Trofeo Feminino das Nacións”

Sábado, 19/05/12

(19.00 h) Cataluña – Euskadi (74 – 54)

(16 – 13, 18-19, 22-10, 18-12) 
(Colexiados: David Guillán e Cristina García)

Cataluña cumpriu cos pronósticos da maioría e impúxose a Euskadi no seu primeiro encontro neste “V Torneo Feminino das Nacións”. Sobre o papel a Selección de Silvia Font era favorita, e así o amosou en pista, a pesares de atoparse cunha Euskadi coas ideas claras e que soubo ofrecer a axeitada resistencia.

Os dous primeiros cuartos creceron cun xogo igualado e desputado, a partes iguais. Euskadi non se escondía e evitaba facer concesións ao rival, colleitando así un tenteo baixo pero que mantiña as súas posibilidades abertas (34 – 32 ao descanso).

Foi no terceiro cuarto cando as xogadoras catalás colleron definitivamente as rendas do partido e pisaron o acelerador. O marcador crecía ao seu favor facendo desaparecer calquera esperanza vasca. Un parcial clarificador neste tempo (22 -10) despexaba o camiño da vitoria para Cataluña, que sacaba alto rendemento a súa superioridade física interior e á innegable rapidez e técnica das súas exteriores.

Os derradeiros dez minutos foron testemuña do cansazo de Euskadi, que o intentou ata o final, e da fluidez e explosividade Catalana, que levaba o marcador final a un 74 – 54.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram