Campionatos Infantís de Clubs: case 800 proxectos de futuro reúnense en Galicia

foto: @infmasc16

foto: @infmasc16

(Info: FEB) Tras a disputa en maio dos Campionatos de España Endesa de Clubs Cadete e Júnior ,agora chega a quenda dos Infantís, que se disputarán na nosa Comunidade deste este domingo, 12 de xuño; ata o día 18, tanto en categoría masculina como feminina.

32 equipos e un total de 384 xogadores, tanto en masculino como en feminino, daranse cita desde este domingo no Campionato de España Endesa de Clubs Infantil. A cita masculina celebrarase en Lugo e Sarria e a feminina nas localidades de Porriño e Tui. A organización de ambos torneos correrá a cargo da Federación Galega de Baloncesto.

Serán sete días intensos de baloncesto nos que as principais canteiras do país terán a posibilidade de seguir fogueando ás súas estrelas de futuro. Os mellores xogadores e xogadoras de España de 13 e 14 anos poderán lucir o seu talento e a súa madurez física nun Campionato no que se respira baloncesto polos catro costados.

O sistema de competición aplicarase igual que nos Campionatos Endesa Júnior e Cadete. Dos Grupos A, B, C e D, clasificaranse para oitavos os tres primeiros clasificados. Dos Grupos E, F, G e H, obterá o pase a oitavos o líder de cada grupo.

A Primeira Fase contará con tres xornadas (12, 13 e 14 de xuño) con sistema de liguilla a unha volta, o mércores 15 de xuño chegará a quenda dos oitavos de final. O xoves 16 xogaranse os cuartos de final, o venres 17 as semifinais, mentres que o sábado 18 disputarase a gran final.

Calendario: Masculino / Feminino

Web Oficial Campionato Feminino

Web Oficial Campionato Masculino / Twitter Campionato Masculino: @infmasc16

 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram