Carmelitas, Peleteiro e Establecimientos Otero, líderes con recompensa

Boas novas na fin de semana que vimos de deixar atrás. O remate das ligas FGB infantís e o ascenso a Adecco Plata de Establecimientos Otero deixaron un gran sabor de boca para o baloncesto galego.

Peleteiro e Carmelitas, campións infantís
As Ligas FGB Infantís pecharon o seu capítulo nesta temporada 2012 -2013 situando como novos dominadores a Peleteiro en categoría masculina e Carmelitas en feminino. Ambos equipo pasan a engrosar o vixente palmarés de campións FGB, os cal se pechará este domingo, 2 de xuño, cando se coñezan os líderes en minibasket e preminibasket.

As xogadoras de Ourense foron as primeiras en poder recoller o seu Trofeo de campioas, o cal lles entregou o Vicepresidente da FGB, Alberte Zato. O equipo de Adrián Feijoo celebrou sobre a pista o seu novo papel de rei da categoría. En vindeira datas, será Peleteiro quen reciba a súa merecida copa.

Salientar o bo papel realizado tamén nesta actual temporada por Celta Selmark Maristas e Santo Domingo Betanzos, subcampións feminino e masculino, respectivamente.

Campión Liga FGB Infantil Feminina 600

Ascenso para Establecimientos Otero: Adecco Plata
O equipo de Cambados fíxose cunha fase de ascenso a Adecco Prata na que actuaba como anfitrión e coa a que se rexistrou, dende o venres e ata o domingo, un gran ambiente no Pavillón do Pombal.

Cuns números de alto nivel durante toda a súa temporada regular, o premio a este bo facer chegou o domingo, 26 de maio, en forma de nova vitoria (pleno de trunfos nesta Fase Final), unha vitoria que vale un ascenso e que encheu de ledicia a toda a familia do Xuventude Baloncesto. A todos eles, noraboa.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram