Carlos Cortés participará nos XVII Xogos do Mediterráneo

(Información: Club do Árbitro FEB) O árbitro internacional galego foi designado por FIBA para dirixir os partidos desta competición que se celebrarán na localidade turca de Mersin entre os vindeiros 18 e 25 de xuño.

Na disciplina de baloncesto os equipos participantes serán: Albania, Exipto, Grecia, Italia, Macedonia, Serbia, Turquía e Túnez.

O internacional galego expresou a súas sensacións ante esta designación e fíxoo ao Club do Árbitro FEB, palabras que reproducimos a continuación:

“É unha oportunidade máis para seguir aprendendo de novas experiencias a nivel internacional e un paso máis na miña carreira. Espero poder aproveitala ao máximo e gozar de cada momento, tanto da competición como do ambiente que se vivirá alí ao poder compartir este torneo con deportistas doutras disciplinas. Será para min un verán diferente, xa que prácticamente non terei descanso nos meses de xuño e xullo, pero será un excelente broche para pechar a tempada. É un orgullo poder participar nesta competición e representar á arbitraxe española. Agradecer a confianza que FIBA puxo en min para formar parte deste grupo de 13 árbitros e tamén a todos os que o fan posible: Liga Endesa, FEB e Federación Galega”.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram