Carlos Cortés, designado para o Torneo do Centenario FEB

A Federación Española de Baloncesto celebra en Málaga, os vindeiros 11, 12 e 13 de agosto o Torneo Centenario.

Esta cita preparatoria para o Mundial´23 reunirá no malagueño Palacio Martín Carpena España á Selección Española xunto ás EEUU e Eslovenia. E, contará tamén con presenza galega!

O colexiado coruñés, Carlos Cortés, formará parte do equipo arbitral para os dous primeiros partidos deste Torneo, ambos do máis alto nivel.

Así, poderemos ver a Carlos no España – Eslovenia (21:30 h) que abrirá o evento o día 11, e no EEUU – Eslovenia (21: 30 h) do sábado, 12 de agosto.

Enviar os nosos parabéns a Carlos!. Unha designación de auténtica altura!

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram