Carlos Cortés, designado para a Fase Final da Euroliga Feminina

O colexiado galego Carlos Cortés, árbitro ACB e internacional dende o ano 2010, vén de ser designado por FIBA Europa para participar na Fase Final da Euroliga Feminina, a disputar entre o 18 e o 24 de marzo.

Cortés terá que desprazarse ata a localidade rusa de Ekaterimburgo, sede da competición, na que participan un total de oito equipos e na que Cortés será o único colexiado español presente entre un total de 13 árbitros participantes.

Europeo Sub 18 – División C
Á boa nova desta designación, Carlos Cortés pode engadir tamén a súa futura presenza, o vindeiro mes de xullo (do 15 ao 20), no Europeo U18 Masculino División C. Neste caso será un campionato a celebrar máis preto da casa, en Andorra.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram