Carlos Colinas e Miguel Ángel Pérez, protagonistas da primeira xornada do Curso de Nivel II

Dúas figuras de máxima relevancia no noso Baloncesto inauguraron no día de hoxe unha nova edición dos Cursos de Adestradores de II Nivel, dando así o pistoletazo de saída a unha semana de formación da que serán testemuña un total de 20 alumnos.

O Director Técnico do Comité Galego de Árbitros e colexiado internacional FIBA, Miguel Ángel Pérez; así como o Director Deportivo do R.C. Celta e adestrador do primeiro equipo desta entidade, Carlos Colinas; deron vida á primeira xornada deste curso de Nivel II, que se estenderá ata o vindeiro día 1 de xullo e que, conforme avancen as datas, non baixará o nivel do seu profesorado.

Adestradores do máis alto nivel como Moncho Fernández, Gonzalo Rodríguez Palmeiro, Tito Díaz ou Rubén Domínguez, entre outros profesionais do noso deporte, serán os encargados de enfatizar a carga lectiva das aulas, das que se agarda que se resolvan co mesmo grao de satisfacción recollido en anteriores edicións.

O mércores, cita co Nivel I
Este apartado formativo, punto clave do traballo da área de adestradores da FGB, seguirá collendo forza ao longo da semana. Así as instalacións do Colexio Cluny recibirán o mércores a 50 novos alumnos máis que, neste caso, iniciarán a súa aventura dentro do Nivel I. O seu será tamén un cadro de profesores do que aproveitar cada segundo de clases, xa que vén avalado pola súa experiencia e traxectoria.

Así a FGB conta para este propósito coa colaboración de Miguel Méndez, “Mozan” Rivera, Carlos Maceiras ou César Iglesias, entre outros. O global dos activos de ambos os cursos, así como o seus horarios poden consultarse nos documentos que se achegan.

Nivel I: horarios e profesores.
Nivel II: horarios e profesores.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram