Carballo, sede para a Final da Copa Galicia EBA

A Federación Galega de Baloncesto, concede ó Concello de Carballo e a Escola Basket Xiria a celebración da final da COPA GALICIA EBA.

O Calvo Basket Xiria xogará en Carballo a final da COPA GALICIA EBA 22/23 contra o Ucoga CB Chantada, no Pavillón Vila de Noia, o vindeiro domingo 2 de Outubro ás 12h. Carballo, a 26 de setembro do 2022.

A Final poderase seguir en DIRECTO vía FEGABA TV. 

A Federación Galega de Baloncesto vén de confirmar á Escola Basket Xiria e ao Concello de Carballo como organizadores da FINAL da COPA GALICIA EBA, que medirá ao conxunto local contra o C.B. Chantada. Ambos os conxuntos, como primeiros clasificados de grupo na Fase Previa, con tres vitorias cada un, xogarán este domingo, 2 de outubro; ás 12:00 h, no Pavillón Vila de Noia para  decidir o campión desta edición na tempada 2022/23.

O conxunto chantadino, campión consecutivo das últimas tres edicións da COPA GALICIA EBA, será o rival para bater, xa que o CALVO BASKET XIRIA, como equipo recentemente ascendido ten menos experiencia. A pesar do gran inicio que están a facer os xogadores de Héctor Méndez, atoparanse un gran bloque no equipo rival, que xa leva anos sendo uns dos mellores da categoría.

Dende a Escola Basket Xiria agradecen o apoio do Concello de Carballo para acoller esta FINAL COPA GALICIA EBA. O Clube tamén agradece a confianza que a Federación Galega de Baloncesto deposita na súa entidade para celebrar en Carballo esta Final, que será retransmitida en DIRECTO pola canle de YouTube da FGB.

A presentación oficial desta FINAL COPA GALICIA EBA realizarase no Concello de Carballo mañá, mércores, 28 de setembro; ás 12:30h e contará coa presenza do Presidente da xunta xestora da FGB, Francisco Martín; o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; o Concelleiro de Deportes, Marcos Trigo; e o presidente da Escola Basket Xiria, Primitivo X. Reguera.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram