Campus LugoBasket 2014

Un ano máis, o Club Porta XI C.B. organiza ou seu “Campus Lugobasquet 2014”, unha actividade dirixida a nenos e nenas desde os 5 ata os 18 anos e que esta temporada terá lugar entre os días 22 e 28 de xuño na propia cidade da Muralla.

O obxectivo da vixente edición do “Campus Lugobasquet 2014” busca ofrecer unha semana dedicada ao baloncesto, traballando no perfeccionamento técnico e táctico dos xogadores participantes, pero tamén na que se poderá gozar doutras actividades e deportes. 

Os nenos e nenas presentes serán protagonistas de sesións diarias de catro horas de baloncesto, competicións (1×1, 2×2, 3×3, 5×5), práctica de tiro e triplas, entre outras. Un completo bloque de propostas acompañado, ademais, doutros atractivos como cinema, xogos de mesa, xogos populares, visitas e excursións.

O Pazo Provincial dos Deportes, o Anexo e a Área Recreativa Los Robles, entre outras, serás as principais sedes para este “Campus Lugo Basket 2014”, cuxo prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 14 de xuño.

Para obter a información precisa de cara a formalizar a participación neste “Campus Lugo Basket 2014” podes consultar o formulario oficial que AQUÍ se achega.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram