Campus “Lago de As Pontes 2017”

O C.B. Baloncesto As Pontes celebra este Nadal unha nova edición do seu “Campus Lago de As Pontes”, actividade que conta coa colaboración da FGB e do propio Concello local.

Do 27 ao 30 de decembro; os pavillóns CPI Monte Caxado e Municipal de As Pontes acollerán o Campus “Lago de As Pontes 2017”, convocatoria que xurde co obxectivo da mellora da técnica e táctica individual e colectiva dos seus participantes.

Dirixido a xogadores desde 5 a 14 anos, que se distribuirán en grupos segundo as súas capacidades, esta cita deportiva, que suma este ano a súa sétima edición, contará coa dirección técnica do adestrador galego Chiqui Barros, e a colaboración de numerosos adestradores chegados de toda Galicia.

Na web oficial do C.B. As Pontes pode consultarse a información completa referida a esta edición do Campus, así como as posibilidades de inscrición no mesmo.

Validación Formativa FGB

A presente edición do “Campus Lago de As Pontes” conta coa colaboración da Área Deportiva FGB no apartado formativo, outorgando un total de 12 horas de FC e computando 1 CETI a todos aqueles adestradores que participen de xeito íntegro nesta cita.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram