C.B Airexa activa o seu Campus de Verano edición 2016. Marcado para celebrarse entre o 27 de xuño e o 1 de xullo, a actividade, dirixida a nenos e nenadas de 6 a 17 años, ambos inclusive; terá lugar na localidade de Panxón, con dobre sede: Pavillón CPI Panxón e Polideportivo Municipal .
A actividade deste “Campus de Verán” centrarase exclusivamente na práctica do baloncesto, configurando diferentes grupos de traballo que rotarán por cada un dos adestradores asistentes e as súas especificidades: técnica individual, bote, tiro, táctica e lectura de xogo, entre outros.
Toda esta actividade correrá a cargo da dirección do técnico, es Juan Rodríguez Larrán “ Larry”; acompañado na tarefa polo adestrador José Miguel González; e por diferentes compañeiros que actualmente dirixen equipos de ligas FGB na zona de Vigo.
Información e inscrición
O CAMPUS DE VERANO “AIREXA 2016” mantén aberto o seu prazo de inscrición ata o 24 de xuño (14:00 h). Este proceso poderá levarse a cabo baixo unha cota de 60 euros por xogador e coa posibilidade de descontos, a consultar coa organización.
Toda a información relativa a este trámite pode consultarse coa organización deportivo do CB Airexa vía correo electrónico info@airexa.com ou telefónica 695 82 80 50.