Club Baloncesto Cambre organiza unha nova edición do seu “Campus de Verán Baloncesto Cambre”, a celebrar entre os días 25 e 28 deste mes de xuño no Pavillón Municipal Sofía Toro, na propia vila coruñesa.
En horario de 09.00 h a 18.00 h, cada xornada os responsables e monitores orientarán e guiarán as diferentes actividades que, xunto co Baloncesto, ofrece esta nova convocatoria, dirixida a nenos e nenas nados entre os anos 1999 e 2007.
Poderase desfrutar de adestramentos en inglés, exercicios de mellora de técnica individual, rutas de sendeirismo, xogos populares e concursos, entre outros atractivos, os cales poden consultarse, así como os detalles do proceso de inscrición, a través do enderezo electrónico do club: clubbaloncestocambre@hotmail.com